NADAL 2022
Dende 2003, o Concello de Cambre ven desenvolvendo campañas específicas para impulsar o comercio durante o período do Nadal, nas que se poñen en marcha diversos programas e accións.
A planificación, xestión e execución destas campañas está a cargo da Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Cambre, departamento encargado da promoción económica e empresarial do municipio.
As principais características da Campaña deste año son:
POBOADO DO NADAL
Contará con casas e espazos decorados con motivos de Papá Noel, iluminación e sonido típico do Nadal, xunto con actividades de animación e obradoiros para desenvolver durante a Campaña e que contribúan a atraer ao público e fomentar a actividade comercial no termo municipal. O Poboado instalarase no Parque Ramón Barba de O Temple, acollendo actividades dende o 22 de decembro ao 5 de xaneiro
RASCA E GAÑA
Os premios do rasca e gaña son xa unha tradición no comercio local, que movilizan máis de 15.000,00 € en recompensas dirixidas a dinamizar as compras. Combinan os bonos para comprar nos establecementos do Concello adheridos á Campaña, cun importe de 10.000,00 €, cos premiados con 70 lotes de productos do Nadal
XIV CONCURSO ESCAPARATES
Destinado a potenciar o ambiente do Nadal nos comercios, a hostalería e nos servizos persoais e, polo tanto, en todo o territorio municipal, dedica 4.000,00 euros a premiar a labor dos comerciantes, hostaleiros e profesionais de Cambre con diferentes modalidades e categorías. Mantense a votación popular, introducida na pasada edición



Ayuntamiento de Cambre
