Inscrición

De forma telemática (modalidade obrigatoria para persoas xurídicas):

A través da sede electrónica do Concello de Cambre

Presencialmente:

Na solicitude de participación Rexistro do Concello de Cambre, presentando a súa solicitude de participación no XIV Concurso de Escaparates do Concello de Cambre entre o 1 e o 15 de decembro de 2022, ambos incluídos

No caso de realizar a presentación de forma presencial, deberá solicitarse cita previa co Concello  na seguinte ligazón, no seguinte teléfono 981 61 31 28 ou por correo electrónico cambre@cambre.org

A inscrición no concurso será gratuita

  • 2º Dúas fotografías do escaparate do establecemento, unha diurna e outra nocturna, en formato JPG
  • A fotografías cederanse ao Concello de Cambre para a súa publicación na páxina web municipal ou na ferramenta que se designe de cara a tomar parte na modalidade de premio de votación popular ou para posteriores publicacións ou campañas do Concello
  • Quedarán automáticamente excluídas as fotografías nas que aparezan persoas
  • As fotografías obtidas non poderán alterarse electrónicamente nin por calquera outro medio, non admitíndose fotomontaxes nin tampouco fotografías que non se axusten á finalidade do Concurso e ás presentes Bases
  • Os/as participantes ceden ao Concello de Cambre o dereito non exclusivo, gratuíto, perpetuo, irrevocable e completamente sublicenciable para usar, reproducir, modificar, adaptar, publicar, traducir, crear obras derivadas, distribuír, e expoñer as mesmas
  • Coa aceptación das Bases do Concurso, os/as participantes asumen que a cesión de dereitos sobre as fotografías coas que poidan participar non lles confire ningún dereito de remuneración ou beneficio algún coa excepción feita da participación no Concurso conforme as presentes Bases
  • Rexeitaranse as imaxes ou os contidos que poidan considerarse ofensivos, obscenos, inapropiados, racistas, vulgares, xenófobos, sexistas e/ou violentos, así como aqueles que atenten contra a dignidade e/ou decoro, e os que poidan ferir sensibilidades, ser contrarios á lei, á moral e á orde pública, que sexan contrarios aos dereitos de terceiros/as sen o seu consentimento, que sexan contrarios ao honor e á imaxe das persoas físicas e xurídicas, que faciliten información de carácter persoal (propia ou de terceiros), que non teñan relación co Concurso. Quedarán automaticamente descualificados e fora do Concurso os/as participantes que achegen fotografías ou contidos coa súa solicitude que se axusten a algún perfil dos descritos anteriormente
  • O Concello de Cambre non será responsable no caso de mal funcionamento da rede Internet que impida o normal desenvolvemento da modalidade de premios da votación popular por causas alleas ao Concello de Cambre
  • Se concurrisen incidencias que afectasen de forma significativa ao desenvolvemento ordinario do concurso, poderá cancelarse a modalidade de premios da votación popular pola organización

Ayuntamiento de Cambre

Visítenos

Calle Wenceslao Fernández Florez
15660 Cambre

Indicaciones para llegar y mapas